As/os nenas/os quixeron deste modo recordar nestas datas a todos os rapaces e rapazas do Sahara que están a padecer esta situación sen que a Comunidade Internacional faga nada ó respecto.
A maioría dos materiais empregados eran de refugallo. Usamos pasta de sal para a elaboración da figuras. Deixámosvos a receita por se vos interesa, é como a plastilina pero máis bonita e moi barata!!
Receita para a pasta de sal:
Ingredientes:
3 partes de fariña (común, sen levadura)
1 parte de sal
1 parte de agua
Mistura a fariña e o sal cunha culler, nun recipiente amplo, empregando movementos en redondo e añadindo gradualmente auga fría. Continúa misturando ata que a masa non se pegue ás paredes do recipiente. Despois amasa a man sobre unha táboa de madeira durante 10 minutos ata que a masa se volva suave, elástica e morna ó tacto. Colócaa nunha bolsa de plástico para que descanse durante unha hora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario