MANZANEDA XOGA
Benvidas/os ó noso blogue
Este é o blogue da ludoteca do noso pobo a cal asistimos nenas e nenos de diversas idades. Nel atoparedes información de todas as actividades que levamos a cabo, como obradoiros de manualidades, campañas solidarias, festas, xornadas musicais.... Esperamos que disfrutedes observando o ben que o pasamos. Ademais, atoparedes unha sección con páxinas amigas que seguro vos parecerán moi interesantes.
sábado, 17 de diciembre de 2011
miércoles, 22 de diciembre de 2010
lunes, 20 de diciembre de 2010
Nacemento solidario
O pasado sábado @s nen@s que asistiron á ludoteca realizaron este Belén ambientado no Sahara debido ó brutal ataque que está a sufrir o pobo saharahui por parte do goberno marroquí.
As/os nenas/os quixeron deste modo recordar nestas datas a todos os rapaces e rapazas do Sahara que están a padecer esta situación sen que a Comunidade Internacional faga nada ó respecto.
A maioría dos materiais empregados eran de refugallo. Usamos pasta de sal para a elaboración da figuras. Deixámosvos a receita por se vos interesa, é como a plastilina pero máis bonita e moi barata!!
Receita para a pasta de sal:
Nota: se queres que a pasta de sal sexa dalgunha cor, cando a esteas amasando na madeira, incorpora pintura de témpera ou algún colorante natural.
As/os nenas/os quixeron deste modo recordar nestas datas a todos os rapaces e rapazas do Sahara que están a padecer esta situación sen que a Comunidade Internacional faga nada ó respecto.
A maioría dos materiais empregados eran de refugallo. Usamos pasta de sal para a elaboración da figuras. Deixámosvos a receita por se vos interesa, é como a plastilina pero máis bonita e moi barata!!
Receita para a pasta de sal:
Ingredientes:
3 partes de fariña (común, sen levadura)
1 parte de sal
1 parte de agua
Mistura a fariña e o sal cunha culler, nun recipiente amplo, empregando movementos en redondo e añadindo gradualmente auga fría. Continúa misturando ata que a masa non se pegue ás paredes do recipiente. Despois amasa a man sobre unha táboa de madeira durante 10 minutos ata que a masa se volva suave, elástica e morna ó tacto. Colócaa nunha bolsa de plástico para que descanse durante unha hora.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)